A serie galega Vidago Palace chega a HBO España
venres, 31 de xullo do 2020
A
serie galego-lusa Vidago
Palace, drama romántico de seis capítulos producido pola
galega Portocabo e a portuguesa Hop Filmes, estréase este sábado 1
de agosto na plataforma de audiovisual online HBO España.
Protagonizada por Micaela Lupu, Pedro Barroso e David Seijo, foi a
primeira coprodución galego-portuguesa para Televisión de Galicia e
RTP, e, agora adquirida por HBO. Desde
o 31 de maio está dispoñíbel en HBO Portugal, onde, segundo
informan as produtoras, estrouse con grande éxito de público.
Vidago
Palace é a segunda serie da firma galega Portocabo que podemos
ver en HBO España e Portugal, logo da estrea en abril nesta mesma
plataforma de Auga Seca, un drama policial co-producido tamén
entre España e Portugal, esta vez coa produtora lusa SP-i. A
compañía que dirixe Alfonso Blanco atópase agora en plena rodaxe
da segunda temporada de Hierro (na plataforma de streaming
Movistar+) e en agosto comezará a rodar a súa primeira película
de ficción, a comedia Cuñados.