A serie de televisión Perdidos se pode xogar no iPod

xoves, 24 de maio do 2007 Marcus Fernández

A serie televisiva Perdidos é un do éxitos máis importantes da televisión mundial dos últimos 3 anos, polo que a aparición dun xogo para móbil inspirado na serie e creado por Gameloft non sorprendeu a ninguén, pero que adapten este último para o reprodutor multimedia de Apple resulta máis rechamante.
Así, os usuarios dos últimos iPod (tamén coñecidos coma 5G), que teñen capacidades de videoxogo, poderán adquirir en iTunes por 4,99 euros o xogo da serie de televisión no que se controla ó personaxe Jack, que deberá axudar ó resto de compañeiros a sobrevivir na misteriosa illa da serie, interactuando co resto de protagonistas e resolvendo desafíos e misterios.


Este non será a única plataforma na que Perdidos se achegará ó lecer electrónico, senón que Ubisoft tamén está a desenvolver un xogo para PC e varias videoconsolas domésticas.

PUBLICIDADE