A semana que vén pechará coa estrea dos Worms na PlayStation 4
luns, 19 de maio do 2014
Sony confirma que a
partires do 30 de maio os usuarios de PlayStation 4 poderán adquirir en formato
fÃsico ou descargable o xogo Worms
Battlegrounds, que presentará unha extensa campaña en modo individual
con 25 misións de historia e 10 misións contra-reloxo chamadas Worm-Ops¸ que desenvolveranse en varias épocas
impresionantes: Inca, Viquinga, Xapón Feudal e Revolución Industrial).
O xogo tamén contará con modos multi-xogador tanto local como en liña, con
enfrontamentos de ata 4 xogadores que poderán elixir entre as modalidades
Clásica, Forts (fortalezas) e Deathmatch (combate a morte). O modo
multi-xogador tamén permitirá a creación de clans aos que adxudicar un emblema.
Para facer aÃnda máis atractivo o retorno deste clásico da estratexia, o xogo
integra un editor de pantallas, de xeito que os usuarios poderán crear os seus
propios mapas nos que xogar, colocando obstáculos, obxectos fÃsicos e outros
trebellos no que logo poder retar aos nosos amigos.
Worms Battlegrounds permitirá elixir
entre 65 armas e utensilios extravagantes, que incluso poderán controlarse
mediante de xeito áxil mediante xestos no panel táctil do mando DUALSHOCK 4.
Trailer de Worms Undergrounds para PlayStation 4