A saga de xogos de Ridge Racer renovarase en 2012

venres, 4 de febreiro do 2011 Marcus Fernández

Ridge Racer Unbounded apostará pola destrución, o que supón unha grande diferenza con respecto das anteriores entregas da saga

Un dos xogos máis lembrados da primeira PlayStation fora sen dúbida Ridge Racer, título que en breve terá unha versión para a nova Nintendo 3DS, pero a franquía non vai quedar aí, e o vicepresidente de márketingde Namco Bandai Games vén de dar detalles sobre Ridge Racer Unbounded, xogo que en 2012 chegará para Xbox 360, PlayStation 3 e PC da man do estudo Bugbear Entertainment (responsables do xogo de condución FlatOut) e que será «toda unha renovación dunha das franquías de condución máis importantes de toda a historia do videoxogo. (..) Un xogo que entusiasmará tanto aos afeccionados como aos novos xogadores coas súas altas doses de destrución», elemento que parece quedar claro no trailer que vén de estrearse:


Ridge RAcer Unbounded deixa atrás todo o que teña que ver con amplos e doados circuítos e pequenos choques con rivais a favor dunha mecánica dirixida a conducir, destruír e dominar, buscando revolucionar o xénero da condución.

PUBLICIDADE