A saga de xogos de NBA 2K faise máis móbil e social

mércores, 5 de setembro do 2012 Marcus Fernández

2K Sports anunciou hoxe NBA 2K Everywhere, levando a experiencia de NBA 2K a calquera lugar a través unha nova aplicación para móbiles, un xogo social en Facebook e unha versión para móbiles de NBA 2K13para iOS e Android. NBA 2K Everywhere ofrecerá aos xogadores novos xeitos de xogar, e tanto a aplicación móbil como a de Facebook permitirán aos usuarios implentar os datos e a experiencia do novo NBA 2K13 para Xbox 360, PS3 e PC, engadindo un novo nivel de conectividade e continuidade á franquía de xogos de baloncesto.
Dende dispositivos móbiles (iOS e Android) estará dispoñible de balde MyNBA2K, que contará con mini-xogos (prácticas de lanzamento, exercicios rápidos ou a sinatura de autógrafos, entre outra actividades) con controis táctiles moi intuitivos e de consumo rápido, ofrecendo tamén a posibilidade de manterse conectados aos modos MyCAREER e MyTEAM de NBA 2K13 cando esteamos fóra de casa.

Imaxe do modo MyCAREER de NBA 2K13

Por outra banda, NBA 2K: MyLIFE será o primeiro xogo social de 2K Sports, que sairá o 2 de outubro en Facebook, e permitirá importar os avatares de MyCAREER de NBA 2K13para competir en concursos de habilidade cos amigos, construír unha cancha personalizada ou experimentar a vida dunha superestrela fóra da cancha (gañando apoios e fomentando relacións con outros xogadores da NBA). O logros acadados en NBA 2K: MyLIFE axudarán a desbloquear roupa, premios e outros contidos nas versións de Xbox 360 e PS3 de NBA 2K13.
Pero o mes de outubro tamén estará dispoñible unha versión do xogo NBA 2K13 para iOS e Android, que contará con controis táctiles, bos gráficos e, por primeira vez neste título para móbiles, modo multixogador tanto por Bluetooth como a través do Game Center (no caso da versión para iOS).

PUBLICIDADE