A saga Prince of Persia terá unha nova entrega

venres, 25 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

Aínda que parecía que os xogos de Prince of Persia culminaban como unha triloxía, parece que a estrea dunha película inspirada nos videoxogos no verán de 2009 leva a Ubisoft a anunciar que durante o vindeiro ano fiscal (entre abril de 2008 e marzo de 2009) sairá unha nova entrega desta popular saga para PC e consolas de videoxogos.
Este anuncio se fixo na publicación dos resultados da compañía do anterior trimestre fiscal, adiantando unha listaxe de proxectos nos que están a traballar e que que inclúe novas entregas doutras franquicias coma Splinter Cell, Brothers in Arms, Far Cry e Anno.

PUBLICIDADE