A saga King’s Quest volve á vida
mércores, 29 de xullo do 2015
En 1984 Sierra Entertainment iniciou unha prolÃfica saga de
xogos con King’s Quest, unha aventura
gráfica ambientada nun mundo medieval no que non faltan elementos sobrenaturais
e criaturas de contos tradicionais, que gozou de tanto éxito que conseguiu
desenvolver esta saga até 1998, cando saÃu King’s
Quest VIII: Mask of Eternity, e tras todo este tempo fóra do mercado (se
esquecemos algunha recompilación) Activision (a través do estudio The Odd
Gentlemen) atreveuse a retomala con King’s Quest: A Knight to Remember,
xogo que hoxe estrea o seu primeiro capÃtulo para Xbox
360, Xbox
One, PlayStation
3, PlayStation
4 e PC, podendo
adquirirse este contido por 9,99 euros, aÃnda que os convencidos de que quererán
o xogo completo tamén poden optar por pagar 39,99 euros polos 5 capÃtulos que
comporán esta historia.
Este novo xogo reinventa unha franquÃa clásica, que no seu dÃa fora moi
innovadora, cuns gráficos que procuran semellar debuxos feitos a man, e que consegue
retomar historias inesquecibles, humor e quebracabezas sen traizoar o espÃrito
dos xogos orixinais.
A Knight to Remember sitúanos na
narración do rei Graham, xa vello, que reflexiona sobre a súa vida de aventuras
coa súa neta Gwendolyn, de xeito que viaxaremos ao seu pasado para revivir os
eventos que darÃan forma ao seu reino, podendo participar na toma de decisións
para ir vendo como afectan á historia.
- Nesta aventura haberá que superar infinidade de perigos e desafÃos para demostrar o valor do cabaleiro que chegará a converterse en rei
Tráiler do xogo