A roupa dos loitadores de Soul Calibur IV poderá sufrir danos
luns, 2 de xuño do 2008
O xogo de loita Soul Calibur IV
non dará que falar só polo feito de incluÃr coma personaxes extra a Darth Vader
e a Ioda, senón que tamén destaca por incorporar unha innovación que engade
realismo aos combates: as
armaduras e a roupa dos loitadores poderán sufrir danos. Cando se
lancen fortes ataques contra algúns personaxes saltarán anacos de armadura e
rachará a súa roupa, ou sexa, que farÃa algo semellante ao que acontece con
algúns xogos de carreiras de coches, nas que os choques deixan a súa marca na
aparencia dos vehÃculos (e mesmo no seu rendemento).
Trailer do xogo que chegará no verán