A revista de videoxogos EGM en Español deixa de publicarse

xoves, 11 de decembro do 2008 Marcus Fernández

Tras o anuncio do peche de PC Magazine tamén se rumoreou a desaparición pronta da revista de videoxogos EGM, o que polo momento xa se confirma na súa edición en español, que terá coma último número o de decembro, que aínda está nas tendas, destacándose tamén que a súa edición en inglés tamén podería desaparecer en 2009 (o que tamén contribuíu a este peche provocado polos problemas económicos que afronta a editora Ziff Davis nos EE.UU.).
EGM en Español cesa así a súa actividade tras 6 anos de vida, e continuará a súa actividade na Internet, onde teñen a web Press Start coma plataforma para chegar aos seus lectores.

PUBLICIDADE