A revista británica NRevolution poderÃa botar o peche o mes que vén
venres, 28 de novembro do 2008
- Portada do número de novembro de NRevolution
Pese a que falta unha
confirmación oficial por parte da compañÃa editora (e a nova
orixinal sobre o asunto foi retirada da web) parece ser que a revista de videoxogos británica NRevolution
poderÃa deixar os quioscos o vindeiro dÃa 11 de decembro, cando lanzarÃa o seu
número 30, que serÃa o último, pese a que trata en exclusiva as populares
consolas de Nintendo, o que parece non ser suficiente para superar a crise que
están a vivir as publicacións impresas sobre videoxogos (lembremos os rumores de peche da
norteamericana EGM).
De confirmarse a desaparición desta cabeceira de prensa poderiamos dar por
iniciada a tempada outonal nos medios
impresos de videoxogos, que posiblemente se vexan abocados a reducir a súa
presenza en papel e apostar máis firmemente pola Internet, medio moito máis
acorde co sector dos videoxogos.