A reprodución remota de Plex será de pagamento en 2026
mércores, 26 de novembro do 2025
A solución de organización e reprodución de contidos audiovisuais Plex, que achega a meirande parte das súas prestacións de balde, anunciou a primeiros de ano que se vÃa na obriga de incrementar os prezos das súas subscricións Premium para manter a súa viabilidade, introducindo un cambio moi importante: os usuarios de balde deixarÃan de poder reproducir contidos remotamente.
O plan Premium de Plex é coñecido como Plex Pass, e actualmente ten un prezo oficial de 5,99 euros/mes, 59,99 euros/ano e 229,99 euros para sempre, que actualmente está en promoción a 3,59 euros/mes, 35,99 euros/ano e 137,99 euros para toda a vida do servizo, o que pode resultar xustificable para quen precise algunha das funcións avanzadas (como empregar transcodificación de vÃdeo por hardware ou poder controlar sintonizadores de televisión). Para quen simplemente quere acceder remotamente a un servidor de Plex existe a posibilidade de contratar Remote Watch Pass por 1,99 euros/mes ou 19,99 euros/ano, co que preténdese compensar economicamente a Plex pola carga que o servizo supón para os seus servidores.
AÃnda que estas tarifas e condicións leven meses establecidas, moitos usuarios seguen a poder gozar da reprodución remota sen pagar, pero estamos ante unha situación temporal, xa que esta semana pechan a billa aos usuarios de dispositivos Roku e confirman que para Fire TV, Apple TV, Android TV e outros dispositivos farán o mesmo en 2026.
O feito de que anuncien o cambio esta semana non é casual, xa que, ao ofrecer descontos polo Black Friday, confÃan en atraer a máis usuarios para subscribirse con algunha das opcións de pagamento.
Cómpre lembrar que a alternativa máis sólida a Plex, Emby, tamén ten limitadas moitas funcións para instalar a contratar unha subscrición de pagamento; polo que a principal opción totalmente de balde serÃa a solución de código aberto Jellyfin, que está bastante por detrás en prestacións, pero para a meirande parte dos usuarios cumpre coa súa función.
