A rede galega, crÃtica pola entrevista ao presidente da Mesa
xoves, 22 de outubro do 2009
Unha boa parte da rede galega semella estar pechando fileiras en contra do tratamento que a TVG lle deu á mobilización celebrada o pasado domingo en Compostela, onde milleiros de persoas procedentes de todos os recantos da nosa xeografÃa se reuniron para pedir meirande compromiso da nova Xunta na defensa da nosa lingua. Pois ben, logo de todas crÃticas vertidas contra ese tratamento en páxinas webs (polo que se considerou unha visión parcial dos feitos), redes sociais e blogs, semella que unha parte dos ataques se está a centrar xa na figura de Carlos LuÃs RodrÃguez, quen entrevistou o pasado luns (dentro do programa Foro Aberto) a Carlos Callón, presidente da Mesa, para coñecer o seu punto de vista do ocorrido na manifestación.
A entrevista en cuestión non deixou indiferente á nosa comunidade internauta, tal e como reflicte Vieiros (onde se dá conta do estupor xerado) e tal e como expresan os blogs DÃas estranhos (onde se di que máis que un diálogo ao uso, o encontro foi unha agresión, ao mesmo tempo que se anima ao Colexio de Xornalistas a que se pronuncie sobre o tema) ou Menos mal que nos queda Portugal, o grupo aberto en Facebook (arestora con máis de 1.200 membros) a prol do cesamento do devandito Carlos LuÃs RodrÃguez ou a comunidade de internautas Chuza!, onde se critica duramente o traballo feito polo xornalista ao tirar partido, sinálase, da súa condición de comunicador para obter as respostas que el quere.
Por certo que a entrevista en cuestión xa está a dar xogo en YouTube para dar renda solta á parodia, e para mostra o vÃdeo no que se ve a Carlos LuÃs RodrÃguez entrevistándose a si mesmo (na imaxe). A idea do vÃdeo é poñer de manifesto este feito: as preguntas que formaron parte da enquisa xa viñan acompañadas das súas correspondentes autorespostas.