A rede de satélites Galileo volve estar operativa

venres, 19 de xullo do 2019 Marcus Fernández

A rede de posicionamento por satélite europea, Galileo, quedou fóra de servizo a semana pasada, nun bochornoso incidente que pon en dúbidas todo o proxecto, e non foi até hai unhas horas cando por fin se restableceu o servizo (aínda que advirten de que o sistema operará con certa inestabilidade por un tempo), de xeito que a caída da rede de Galileo durou preto dunha semana, o que claramente non pode tolerarse nunha infraestrutura deste tipo.
Por fortuna, o baixo nivel de uso de Galileo (que só está a empregarse a xeito de complemento ao resto de redes de posicionamento por satélite) fixo que a súa caída non tivese consecuencias máis aló da reputación deste proxecto en probas, que dá a impresión de que ten uns alicerces moi febles para un servizo crítico, e non parece realista pensar que en 2020 vaia completar a súa rede e pasar a operar de forma oficial, pois tampouco podemos esquecer que estamos ante un proxecto que leva anos encadeando adiamentos no seu calendario.

PUBLICIDADE