A rede WiMAX para achegar a Internet a 8 concellos do sur de Lugo avanza cara a súa posta en marcha
venres, 3 de xullo do 2009
A
finais do ano pasado a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER)
convocou un concurso para a adquisición e implantación dunha rede
de telecomunicacións sen fÃos de acceso á Internet de banda larga para os
concellos do sur de Lugo, asà coma o servizo de explotación da rede
e a súa conservación, contando cun orzamento de 1 millón de euros e que deberÃa
concretarse en conexións WiMAX cunha velocidade mÃnima de 1 Mbps que se
comercializarÃa a un máximo de 30 euros/mes (aÃnda que podendo optarse a
velocidades maiores a prezos superiores). O proxecto pretende cubrir coma
mÃnimo o 80% dos núcleos rurais de Carballedo, O Saviñao, Chantada, Taboada,
Monterroso, Pobra do Brollón, Monforte de Lemos, Sober e Pantón (podendo chegar
a espallarse á Peroxa, Nogueira de RamuÃn, Palas de Rei e Rodeiro) e segundo
publica La Voz de Galicia, a
empresa contratada pola ConsellerÃa de Medio Rural está a piques de rematar o
seu traballo.
De feito, onte mesmo o tenente de alcalde de Chantada, Alfonso Piñeiro,
concertou unha entrevista con MarÃa del Mar Pereira, responsable da SecretarÃa
Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica (departamento que continuará o
proxecto iniciado por Medio Rural) para discutir sobre a implantación da nova
rede, instando a que entre en funcionamento no verán, momento no que acoden
moitos visitantes ao concello lugués, polo que serÃa un momento ideal «para publicitar un servizo que vai ser un
atractivo máis e moi importante para captar posibles novos residentes».

