A realidade virtual para PS4 baixa de prezo

luns, 11 de setembro do 2017 Marcus Fernández

O casco de realidade virtual para PS4, PlayStation VR, chegou ao mercado a un prezo un tanto trampulleiro, xa que vendíase a 399,99 euros de xeito independente, sen contar que precisaba para funcionar unha cámara que vendíase por separado a 59,99 euros e que tamén era recomendable a adquisición dun par de mandos de PS Move para gozar dunha experiencia completa. Pero agora a entrada na realidade virtual da PS4 será máis accesible, pois veñen de lanzar un lote que inclúe o casco PlayStation VR, a PlayStation Camera e o xogo VR World a un prezo de 399,99 euros, de xeito que os novos usuarios poderán gozar da experiencia inmersiva dende o primeiro momento.
Esta oferta supón un aforro de 90 euros con respecto á venda dos produtos por separado, e está dispoñible na meirande parte de establecementos comerciais (GAME, Fnac, Amazon, Media Markt...), podendo salientarse o feito de que estamos ante un prezo recomendado, ou sexa, que Media Markt optou por pórlle un prezo de 389 euros e Fnac permite que os seus socios adquiran o lote por 379,99 euros (coa posibilidade de facerse socio durante 2 anos por 10 euros no momento de realizar a compra).

Vídeo promocional da oferta

PUBLICIDADE