A realidade virtual de Sony de rebaixas polo Black Friday
luns, 19 de novembro do 2018
- Por 219,99 euros podemos mercar un casco de PlayStation VR, a PlayStation Camera e un par de xogos
A
PlayStation Store iniciou
as súas rebaixas de Black Friday o pasado venres, pero dende Sony non están
a limitar as ofertas aos xogos en formato descargable, senón que até o 2 de
decembro tamén ofrecen atractivas ofertas para animar aos usuarios a dar o
salto á realidade virtual de xeito que o Starter Pack de PS VR, que inclúe un
dispositivo PlayStation VR, unha PlayStation Camera e un código de descarga
para PlayStation VR Worlds véndese
a 199,99 euros. Amais tamén venden un lote que inclúe a maiores o xogo Astro Bot Rescue Mission por só 20 euros
máis.
Tamén hai unha completa selección de xogos de realidade virtual como Driveclub VR, Battlezone, RIGS, StarBlood
Arena, Farpoint, The Inpatient, Bravo Team, Firewall Zero Hour + Aim
Controller, Firewall Zero Hour, Bravo Team + Aim Controller, Eve Valkyrie e
Robinson: The Journey que baixan o seu
prezo definitivamente, e que nalgún caso incluso hai unha promoción de Black
Friday que reduce o seu prezo de venda a mÃnimos históricos, polo que pode ser
unha boa ocasión para a súa compra.
VÃdeo promocional das rebaixas de Black Friday de PlayStation VR