A publicidade integrada en xogos non parece ser a máis efectiva
mércores, 28 de maio do 2008
- Exemplo dun anuncio integrado nun xogo
A industria do
lecer electrónico nos últimos meses estaba a mirar con moi bos ollos á
publicidade integrada en videoxogos coma un xeito de mellorar os seus resultados
económicos, pero o sistema máis natural e menos intrusivo da incrustación de
anuncios (que aparecerÃan nos xogos coma se ven no mundo real) non parece ser
efectiva segundo declaracións do fundador de Wild Tangent, Alex St. John, quen
asegura que estas solucións que xa aplicaron en moitas ocasións carecen
dun «método de medición do valor do
anuncio» e tamén teñen dificultades para o seguimento das campañas.
Tamén asegura que é un erro interromper un xogo para amosar un anuncio, de
xeito que pensa que a
solución idónea a adoptar serÃa deixar elixir ao usuario se pagar polos xogos
ou xogar de balde a cambio de ver anuncios durante a carga dos xogos. St. John
asegura que el mesmo aceptarÃa ver
un anuncio de Cola-Cola nun vÃdeo de 30 segundos durante a carga dun xogo
se grazas a iso puidese xogar de balde, destacando que vender publicidade
orientada a partidas funciona moi ben para calquera tipo de xogo.