A pre-campaña electoral faise notar na Internet
venres, 16 de xaneiro do 2009- Feijóo durante a presentación do lema electoral Recargando Galicia
O xornalista Juan
Varela anuncia nun artigo
para Soitu o inicio das pre-campañas das eleccións galegas e vascas
na Internet, destacando cómo a Rede é xa imprescindible nas campañas
electorais, facéndose unha grande aposta polas redes sociais e o vÃdeo,
continuando na mesma liña dos pasados comicios estatais e querendo buscar
inspiración no éxito de Obama na súa construción dunha imaxe dixital que
mobilizou aos internautas ao seu redor.
Deixando de lado a experiencia vasca, en Galicia temos que o PP xa votou a
andar a súa campaña baixo o lema
Recargando Galicia, que se sostén
nunha páxina web que absorbe a web
de vÃdeo do candidato Alberto Núñez Feijóo (estreada no mes de novembro)
e se utiliza para a difusión do programa electoral, a sala de prensa do PP e
para recoller as entrevistas e discursos de Feijóo, aÃnda que non substitúe a
outras canles electrónicas coma o blog
de Núñez Feijóo, a canle
de YouTube do PP de Galicia, a súa conta de Flickr e
mesmo o perfil
do candidato popular en Facebook.
- Ricardo Varela e Mar Barcón presentaron a pre-campaña do PSdeG na que destacarán a figura de Touriño coma presidente
O PSdeG tamén estarÃa a utilizar as mesmas ferramentas para achegarse aos
cidadáns, e tira de páxina web,
Flickr, canle en YouTube (na que xa iniciaron a pre-campaña),
en Facebook
e, especialmente, nos blogs, xa que a Galisfera
socialista buscará apoiar en
rede á candidatura de Emilio Pérez Touriño para revalidar a presidencia da
Xunta de Galicia.
Do BNG aÃnda non coñecemos os detalles, pois non
será ata mañá cando presenten a súa pre-campaña, que baixo o lema de «Queremos máis» buscarán a
complicidade da sociedade galega, pero é de agardar que repitan a fórmula dos
últimos meses, apoiándose na súa canle
en YouTube, o blog
de Anxo Quintana (que está algo parado ultimamente) e mesmo a web de vÃdeo do candidato nacionalista, Quin TV,
que foi o primeiro espazo virtual galego en revolucionar o xeito de entender a
polÃtica na Rede, aproveitando o vÃdeo non só para difundir a súa mensaxe,
senón tamén para interactuar cos seus simpatizantes.
De todos os xeitos, non parece que estas iniciativas das 3 principais forzas
galegas vaian dirixidas a unha revolución na Internet, limitándose a unha
estratexia bastante tradicional, polo que a participación cidadá a través da
Rede quedará como materia pendente para o futuro.
- Alberte Ansede anunciou que «Queremos máis» será o lema da pre-campaña do BNG