A plataforma de ecommerce Ribeira Store ábrese ás empresas que queiran adherirse
xoves, 2 de xullo do 2020
O
comercio electrónico colle impulso no concello de Ribeira. E faino
da man da plataforma Ribeira Store, que permitirá ás empresas
locais botar abaixo barreiras e fronteiras de comercialización e que
estará a pleno rendemento antes de conclúa o mes de xullo en
www.ribeirastore.com.
Porén, segundo informou este xoves o Goberno local, as empresas
interesadas en participar xa poden rexistrarse na dita plataforma a
partir de xa (accedendo á páxina e entrando en Rexistro de
Comercios, onde haberá que
cumprimentar un formulario). O Concello tamén quixo saber que
a súa intención é conseguir que os preto de 700 negocios que hai
no termo municipal se adhiran a este novo servizo.
A
ferramenta de venda en liña, posta en marcha polo Executivo ao
abeiro do Plan Reactiva Ribeira, destinado a paliar os efectos da
COVID, foi debullada nos seus detalles por Ana Barreiro, concelleira
de Innovación Tecnolóxica, quen estivo acompañada polo edil de
Comercio Ramón Doval e ao representante da firma TokApp, Edelmiro
Justo.
Barreiro
informou de que “comeza agora unha primeira fase de captación e
formación entre o empresariado local”, sendo o obxectivo dar a
coñecer este servizo porta a porta entre os negocios da cidade e do
resto de parroquias por medio dun equipo integrado por dúas persoas
con material informativo.
Os
edís lembraron que entre as entidades interesadas en tirar proveito
da tecnoloxía atópase o mercado municipal por medio da Asociación
da Praza de Abastos, que o vindeiro luns día 6 comezarán a recibir
formación no seu manexo.
Barreiro
destacou tamén que Ribeira Store pretende ser “un empregado máis”
dos establecementos comerciais para a venta dos seus produtos ou
servizos, en tanto que Ramón Doval salientou que as súas
prestacións fan dela unha ferramenta imprescindíbel, “con
posibilidades tales como o control de stock”. Tamén enxalzaron a
súa integración, por medio dun botón específico, na aplicación
do Concello de Ribeira, que a empresa TokApp está acabando de
desenvolver, cos “beneficios en canto a posicionamento e
visibilidade que isto entraña”.
A
plataforma estará en galego e castelán, e é probábel que tamén
en inglés.