A penetración das TIC nos centros de ensino non universitario galegos está entre as peores de España
luns, 13 de agosto do 2007
Os datos sobre o número de ordenadores por estudante
ou a conexión á Rede dos centros educativos non universitarios amosan unha
situación moi dispar segundo a comunidade autónoma da que esteamos a falar.
AsÃ, mentres que en Estremadura hai 2,6 alumnos por ordenador, as comunidades menos
avanzadas neste aspecto serÃan a Comunidade Valenciana (con 13,1 alumnos por ordenador),
Baleares (con 12,6), Galicia (con 12,1) e Canarias (con 12) de xeito que a disparidade
con respecto a que se distancian bastante da media de 8,3 ordenadores por alumno,
sendo as cantidades anteriores as referidas a centros públicos, pois, pese ó que
se poderÃa pensar nun primeiro instante, os centros privados están máis retrasados
na implantación das TIC, cunha media estatal de 13 alumnos por ordenador.
Na conectividade á Rede hai que recoñecer que o avance foi substancial, estando
xa o 98,3% dos centros conectados, de xeito que en comunidades coma AndalucÃa, Estremadura,
Navarra e o PaÃs Vasco tódolos centros contarÃan con acceso, mentres que na Comunidade
Valenciana só contarÃan con conexión o 94,7% e o caso galego aÃnda é moito peor,
co 88,4% dos centros conectados á Internet.
O Goberno pretende que para 2009 haxa 2 alumnos por ordenador no ensino secundario
e 6 alumnos por ordenador no ensino primario.