A pelicula galega Señora de obtén o terceiro premio na Seminci

luns, 2 de novembro do 2009 Raquel Noya

A película documental Señora de, producida por O Raio Verde, e dirixida por Patricia Ferreira, vén de facerse co terceiro premio da Sección Tiempo de Historia, da Semana Internacional de Cine de Valladolid, Seminci, que este ano cumpríu a súa 54 edición.
Señora de competíu a concurso con outros vinte documentais procedentes de todo o mundo e vén de convertirse na primeira producción galega que obtén un premio neste festival.
O xurado, presidido por Javier Rioyo, outorgoulle o galardón á cinta galega polo seu “valor testimonial e emocional” e a súa directora, Patricia Ferreira, xunto con Carmen Rábade (produtora ejecutiva) e Filomena Fraga Rey (unha das protagonistas) recollerán o premio esta noite na gala de clausura no teatro Calderón de Valladolid.
Tras esta premiere na Seminci, a última película documental dirixida por Ferreira, que protagonizan unha ducia de mulleres de Galicia e León que relatan con valentía a crónica das súas vidas na España franquista, está prevista a súa estrea en Galicia para o día 18 de novembro, en Cineuropa.

PUBLICIDADE