A película Top Gun inspira un novo xogo descargable

luns, 6 de setembro do 2010 Marcus Fernández

No mes de abril chegou en descarga para a Xbox 360 e a PlayStation 3 o xogo After Burner Climax, que recuperaba un xénero de éxito durante anos nos salóns recreativos, e que parece conservar bastantes seareiros, pois este mércores incorporarase á PlayStation Network un novo xogo de combates aéreos chamado Top Gun e que está inspirado na película cinematográfica do mesmo nome.
O xogo coloca ao usuario nos mandos dun F-14 Tomcat, e toma unha mecánica totalmente arcade, de xeito que non haberá que preocuparase pola munición nin por un manexo complexo (en plan simulador) senón que limitarase a permitir gozar do combate disparando a outros avións a través de 11 campañas. Tamén conta cun modo horda e un modo multi-xogador para 16 usuarios en liña, características destacables para un título descargable.
Aparte do F-14, no xogo tamén será posible pilotar outros cazas coma o F-16, o F/A-18, o MiG-29, o MiG-31 e o Su-27.

PUBLICIDADE