A páxina web de Twitter incorpora o galego grazas á contribución de tradutores voluntarios (ACTUALIZADO)
mércores, 13 de febreiro do 2013
Dende
Twitter anuncian hoxe que, tras engadir o pasado verán á súa páxina web ao
catalán e ao éuscaro, agora dan o paso de trasladar esas linguas ás aplicacións
oficiais para Android e iOS, á vez que en Twitter.com incorporan o
romanés e o galego grazas á colaboración de toda unha comunidade de
tradutores que facilitaron que esta plataforma estea dispoñible en máis de 35
linguas.
Lembremos que este avance da nosa lingua en Twitter foi posible en boa medida
polas campañas que animaron aos usuarios de Twitter a solicitar a incorporación
do galego nesta plataforma (que segue aberta á incorporación de máis linguas) e
ás moitas contribucións de voluntarios que propuxeron e votaron as distintas
cadeas de texto que compoñen a interface de usuario Twitter a través do Centro de Tradución que continúa
aberto ás colaboracións, o que posibilitará que, tras a estrea do Twitter en
galego chegue logo a tradución das súas aplicacións móbiles como vén de
acontecer co catalán e o éuscaro.
NOTA: No momento de publicar esta información aÃnda non era posible acceder a Twitter.com en galego (entendemos que a actualización tardará algunhas horas en propagarse polos numerosos servidores de Twitter).
ACTUALIZACIÓN (2:30 horas):
Principia a tradución de Twitter ao latÃn
No
blog oficial sobre o proceso de tradución de Twitter veñen de eliminar a
anterior anotación sobre a estrea do galego en Twitter.com para anunciar que
aÃnda que o seu Centro de Tradución conte con 800.000 tradutores voluntarios que
falan linguas que van dende o africáner até o galés, non queren pecharse a
linguas mortas e comezan a tradución
ao latÃn da súa páxina web, agardando que iso poida servir para que
profesores e estudantes practiquen nesta ferramenta para celebrar o uso
contemporáneo desta linguaxe clásica (o que dá a impresión que vén provocado
polo anuncio da renuncia do papa Bieito XVI, que anunciouse en latÃn).
Descoñecemos como afectará este novo anuncio ao calendario de lanzamento da versión en galego de Twitter.