A páxina web de Apple recupera a sección de tenda

mércores, 4 de agosto do 2021 Marcus Fernández

A páxina web de Apple levaba bastante tempo servindo como catálogo de produtos da compañía, estando a opción de compra bastante agochada, xa que presentábase produto a produto en vez de como unha sección con identidade propia na web, o que vén de cambiar, de xeito que agora a tenda é o primeiro apartado no menú superior da páxina web da compañía, facendo moito máis doado o proceso de compra, a consulta de prezos e a localización de accesorios.
Esta nova sección na web ten unha estética moi semellante á da aplicación móbil da Apple Store, comezando por un carrusel de categorías de produtos e pasando logo a unha selección de novidades, así como a información de soporte, facendo moito máis visible que Apple ten unha tenda en liña de seu.

PUBLICIDADE