A party Galaecia.net chegará á súa 2ª edición en setembro

mércores, 22 de agosto do 2007 Marcus Fernández

O encontro informático de Vilagarcía, Galaecia.net, celebrará a súa segunda edición entre os días 14 e 16 de setembro, buscando consolidarse dentro deste tipo de encontros.
O evento está organizado pola Asociación SIL (coa colaboración do Concello de Vilagarcía) e celebrarase no antigo pavillón da policía na rúa Castelao nº 13, completando a LAN Party cun ciclo de charlas e talleres. Con estas novas actividades a organización pretende redefinir o evento, que poderá congregar a un total de 100 participantes que non deberán rexistrarse para tal (aínda que os 30 primeiros que o fagan recibirán un agasallo sorpresa) e só precisarán de acudir co seu propio equipo informático.
A festa informática terá así charlas, talleres, xogos en rede, concursos (destacando un de seguridade informática e outro a un xogo de guitarra eléctrica) e mesmo unha partida de rol que pretende durar os 3 días do evento.

PUBLICIDADE