A pantalla ocupa o 91,5% da frontal do Oppo R17

luns, 13 de agosto do 2018 Marcus Fernández

O vindeiro 18 de agosto vai saír á venda en China un dos móbiles máis interesantes dos últimos meses, o Oppo R17, que aínda que non vaia ter un grande éxito comercial, chama poderosamente a atención por incluír un par de elementos que permítenlle destacar: unha pestana superior (para a cámara frontal) de tamaño moi reducido e un lector de pegadas dixitais integrado na propia pantalla. Deste xeito conseguen que a pantalla deste smartphone ocupe o 91,5% da súa parte frontal, avanzado nunha das tendencias dos últimos meses.
Aínda que o Oppo R17 está equipado cun procesador Qualcomm Snapdragon 670, dando a impresión de que sería un terminal de gama media, inclúe 8 GB de RAM e 128 GB de almacenamento interno, polo que semella querer simplemente manter o seu prezo dentro duns rangos aceptables para un terminal que non é o buque insignia da compañía.
A pantalla de 6,4 polgadas do Oppo R17 ten unha resolución de 2.280 x 1.080 píxeles e está protexida con Gorilla Glass 6. Tamén conta cunha cámara traseira dual de 16 + 5 Mpíxeles, cámara frontal de 25 Mpíxeles con apertura f/2.0, batería de 3.500 mAh con carga rápida por USB-C, toma de auriculares e sistema operativo (ColorOS 5.2) baseado en Android Oreo.
Un teléfono máis que interesante, con carcasas en cores degradas (en azul ou en rosa) que posiblemente veremos pronto en España, xa que agora contamos con distribución oficial deste fabricante chinés.

O Oppo R17 chegará ás tendas en dúas cores distintas

PUBLICIDADE