A orquestra Videogames Live tocará en España en 2009

venres, 6 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

A orquestra Videogames Live, popular internacionalmente por interpretar versións de temas musicais de videoxogos cunha espectacular posta en escena, publicaron unha listaxe de países que incluirán dentro da súa xira de 2009, que por fortuna inclúe a España, aínda que sen concretar nin o lugar nin a data na que terá lugar o seu concerto dentro das nosas fronteiras.
Os interesados neste tipo de música xa poden adquirir o primeiro disco de grandes éxitos desta orixinal orquestra que da espectáculos coma o que se pode ver no seguinte vídeo:

PUBLICIDADE