A operadora R recibirá o premio Acuntia polo seu esforzo firme contra a fenda dixital galega
mércores, 15 de outubro do 2014
O
premio Acuntia
á empresa galega que aposta polo desenvolvemento de infraestruturas
intelixentes de telecomunicacións, outorgado polo Colexio Oficial e
a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia
(galardón
que se vai entregar na XIX
Gala das Telecomunicacións de Galicia, prevista para o vindeiro
24 de outubro no Gran Hotel da Toxa),
concedéuselle
á
compañía R,
“polo seu esforzo e dedicación en pechar a fenda dixital en
Galicia, mediante a instalación de redes pioneiras dotadas de
equipamento de última xeración e servizos de gran ancho
de banda, que chegan cada día a máis localidades”.
A
distinción
recoñece tamén
“os seus despregamentos en fibra, cable, SPW e vídeo, dende unha
visión integrada das IIT, que lle están a permitir ofrecer aos seus
clientes un amplo abano de servizos nun tempo récord e por diante
dos seus competidores”.
En
palabras da operadora, logo de coñecerse a concesión vindeira do
galardón, “o obxectivo de R foi sempre o de lograr que Galicia
dispuxera das infraestruturas máis avanzadas de telecomunicacións
tanto nas localidades grandes, coma nas pequenas e de máis difícil
acceso”. Segundo engade a compañía, “esa foi dende sempre a
cerna da nosa misión empresarial”. Os traballos despregados neste
ámbito remóntanse a máis dunha década. Ademais, en 2010 esta
vontade recibiu un pulo fundamental a través da colaboración coa
Administración autonómica ao abeiro do seu Plan de Banda Larga
(2010-13), que permitiu á empresa “levar a fibra óptica a 193
núcleos de Galicia que, polas súas características orográficas
tiñan serias dificultades para ser quen de mergullarse na Sociedade
da Información”. A día de hoxe, R está presente nun cento de
localidades da nosa xeografía, grandes e pequenas, todas elas
gozando xa de 100 Mbps de conexión e, “en breve”, de 200 Mbps
para a totalidade da rede da compañía.
Segundo
fixo saber o xurado do COETG con motivo deste recoñecemento, a
operadora fixo gala, dende a súa orixe, dun compromiso firme por
rematar coa nosa fenda dixital. En palabras de R, “este labor
resultounos dende sempre imprescindible”, e máis tendo en conta o
obxectivo da empresa de posibilitar que todas as galegas e os galegos
“puideran acceder en igualdade de condicións á Sociedade do
Coñecemento e ás novas tecnoloxías”. E engaden fontes da
operadora de cable:
“Este de liquidar a fenda é o camiño que cómpre
abrir para rematar cunha comunidade de dúas velocidades e acadar,
pola contra, altísimas velocidades para unha soa Galicia, aberta,
moderna e que sexa quen de competir coas rexións máis avanzadas de
Europa e do mundo”.