A oficina turística do Mosteiro de Armenteira súmase á transformación tecnolóxica de Tourist Insisde
luns, 29 de agosto do 2022
Prosegue
o espallamento na provincia de Pontevedra do programa de
dixitalización turística Tourist Inside, impulsado pola
Deputación. Entre os puntos que están a ser obxecto de
transformación grazas a este proxecto atópase
a oficina de información turística do Mosteiro de Armenteira, en
Meis, pertencente á Rede Info Rías Baixas. ata alí
desprazáronse a deputada de Turismo, Ana Laura Iglesias, e a tenente
de alcaldesa de Meis, Araceli Maquieira, que deron a coñecer as
novidades que transformarán esta oficina aproveitando o potencial
que ofrecen as últimas Tecnoloxías de Información e Comunicación
(TIC).
Segundo
fixeron saber, este punto de información buscará “a total
inclusión das persoas con dificultades de audición na súa oferta
turística ao incorporar un bucle magnético, que lles axudará a
desfrutar por completo das visitas guiadas”. A oficina contará
tamén no seu interior cunha tableta na que as e os visitantes
poderán realizar enquisas de satisfacción. Ademais, a
transformación dixital chegará a 10 puntos en distintos lugares do
territorio de Meis nos que se instalarán beacons, é dicir,
balizas electrónicas que transmitirán información de interese aos
móbiles das e dos visitantes a través da tecnoloxía Bluetooth.
Esta
oficina, explicaron, mellorará os servizos que ofrece e que xa en
2017 fixérona merecedora da “Q” de Calidade turística. Este
distintivo que outorga o Instituto para a Calidade Turística
Española (ICTE) e que converte á oficina nunha referencia na
atención aos visitantes, dado o grao de cumprimento dos estándares
e procedementos certificados.