A nova pulseira de actividade de Sony contará con monitor cardÃaco
xoves, 20 de agosto do 2015
Sony presentou hoxe unha nova xeración da súa pulseira de
actividade, a Sony
SmartBand 2, que integra un acelerómetro e un monitor cardÃaco, buscando
asà axudar a monitorizar o pulso e axudar asà a controlar a actividade fÃsica
xeral e incluso o nivel de estrés ao longo do dÃa. A SmartBand 2 rexistra
automaticamente actividades como camiñar, correr e outros tipos de
adestramento, ligando a actividade ao ritmo cardÃaco, e facilitando asà que
logo se poida analizar o progreso, comparar estatÃsticas e, especialmente,
servir como elemento motivador para manter un bo nivel de actividade fÃsica.
Aparte de funcionar como pulseira de actividade, a SmartBand 2 tamén pode
comunicarse co smartphone (é compatible con dispositivos a partires de Android
4.4 ou iOS 8.2), de xeito que emite unha sutil vibración e ilumina un LED de cores
cada vez que se recibe unha notificación (para que non perdamos unha chamada,
unha mensaxe ou un chÃo) e tamén permite controlar a reprodución multimedia
mediante toques que permiten pausar ou saltar cancións. Outra interesante
función é que a pulseira vibrará se o dispositivo co que estea vinculado se
separa máis de 10 metros, evitando asà que o deixemos esquecido en algún sitio.
A baterÃa da SmartBand 2 pode cargarse nunha hora e dura uns 2 dÃas; só pesa 25
gramos; conta con resistencia á auga IP68 e vai
chegar ao mercado en setembro en cor branca e negra a un prezo de 119 euros,
agardándose que máis adiante saian versións da pulseira en cor rosa e Ãndigo.
- A Sony SmartBand 2 estará dispoñible en 4 cores distintas
VÃdeo promocional da Sony SmartBand 2