A nova película do incrible Hulk tamén se levará ós videoxogos

luns, 31 de marzo do 2008 Marcus Fernández

O incrible Hulk (tamén coñecido en España como La Masa) volverá este verán ó cine, acompañado por un xogo que está a desenvolver SEGA, que será un xogo de acción en terceira persoa e incluirá escenas chave da película, así como argumentos adicionais e personaxes sacados o universo deste popular personaxe de cómic (como tamén pasara co xogo que saíu co gallo da primeira película do monstro gamma).

The Incredible Hulk para Nintendo DS será menos espectacular

Todo apunta que este xogo será moi semellante á entrega anterior, ou sexa, que simplemente permite o xogador provocar moita destrución ó seu redor á vez que se enfronta a inimigos como a Abominación ou un robot xigante, sempre con moita espectacularidade, coma podemos ver no avance que Gametrailers vén de publicar en exclusiva.
O xogo recrea a pequena escala Manhattan, e incluirá pequenas sub-misións, obxectivos e mini-xogos opcionais, e se comezará a vender en xuño para PC, PlayStation 2, PlayStation 3, Xbox 360 e Wii, existindo tamén unha versión para Nintendo DS que en vez de estar desenvolvido por Edge of Reality será unha obra de Amaze, que será moito menos espectacular e violente, presentando unha interface bidimensional bastante básica.


Novo trailer do xogo

PUBLICIDADE