A nova película de Thor terá xogo móbil

mércores, 24 de xullo do 2013 Marcus Fernández

Thor: El mundo oscuro será o segundo filme do deus nórdico da Marvel, que chegará aos cines españois o 8 de novembro, e como contrapartida no mundo do videoxogo confirma a tendencia de, en vez de vir acompañado por un mediocre título para consolas domésticas, opta por un xogo móbil co que compartirá nome, que estará desenvolvido por Gameloft e que permitirá restaurar a orde nos Nove Mundos e liderar as forzas de Asgard a través de máis dun cento de misións.
O novo xogo de Thor chegará no outono para iPhone, iPad e Android, adoptará un estilo de xogo de RPG de acción (ao estilo de Diablo ou ao recente Dungeon Hunter 4, tamén de Gameloft) e contará cun modo multi-xogador do que darán detalles máis adiante. Aínda non se confirmou o prezo que terá este título, pero é moi probable que siga os pasos do mencionado Dungeon Hunter 4, optando por un modelo Free-to-Play, de xeito que poderemos descargar de balde o xogo e gozar do mesmo sen pagar, aínda que podendo realizar pagamentos dentro de aplicación para poder gozar complemente do título.

O xogo de Thor para móbiles será un RPG de acción


Vídeo de anuncio do xogo Thor: The Dark World de Gameloft

PUBLICIDADE