A nova película de Pixar adaptarase a múltiples plataformas de xogo

xoves, 10 de abril do 2008 Marcus Fernández

Wall·E a carón da robot voadora EvaNo verán chegará aos cines a nova película de Pixar, Wall·E, que está protagonizada por un pequeño robot que se encarga de limpar un planeta Terra abandonado polos seus habitantes ata que se atopa coa robot Eva, da que se namora, dando comezo a toda unha aventura que tamén continuará nas consolas de videoxogos, pois están a preparar unha adaptación para Xbox 360, PlayStation 2, PlayStation 3, PSP, Nintendo DS, Nintendo Wii, PC, Mac e móbiles.
O xogo, concebido coma un título de plataformas, permitirá axudar a Wall·E a cumprir coas súas tarefas solucionando pequenos crebacabezas. Wall·E tamén se deberá enfrontar a inimigos, e o xogo tamén nos permitirá tomar o control de Eva, a robot que pode voar para permitirnos participar nunha especie de carreira por unha rede de túneis (coma se verá nunha escena da película de Pixar).
Wall·E The Game non semella ser un título que vaia sorprender polas súas prestacións técnicas, pero seguro que permitirá aos máis cativos pasar un bo momento coa súa consola de videoxogos.


Adianto do funcionamento do xogo para PC


Trailer da película de Pixar

PUBLICIDADE