A nova GoPro HERO+ de entrada incorpora Wi-Fi e Bluetooth

luns, 28 de setembro do 2015 Marcus Fernández

As cámaras de acción son cada día máis completas e competitivas, e para os usuarios que buscan compartir os contidos rexistrados coa súa GoPro preparan agora unha evolución do seu modelo máis básico que cun prezo contido integra tamén contectividade Wi-Fi e Bluetooth, de xeito que podemos empregar un smartphone a xeito de mando a distancia ou para acceder comodamente á cámara para reproducir e compartir os vídeos gravados.
A nova cámara HERO+ porase á venda a primeiros do mes que vén a un prezo de 199,99 dólares, o que é un prezo bastante axustado para unha cámara capaz de rexistrar vídeo Full HD a 60 imaxes por segundo, disparar fotografías de 8 Mpíxeles e controlarse a través dunha aplicación móbil (facendo doado crear contidos para compartir rapidamente en Instagram, Facebook, YouTube e outros servizos en liña. Amais, tamén é unha cámara resistente á auga, converténdose nun excelente complemento para as actividades deportivos ao aire libre, que combina versatilidade coa calidade propia das cámaras GoPro.

PUBLICIDADE