A música de Queen chega a Beat Saber
mércores, 24 de maio do 2023
O xogo rÃtmico en
realidade virtual Beat Saber
continúa a incrementar o seu catálogo de temas musicais, non só con cancións
actuais, senón tamén con grandes clásicos, entre os que destaca especialmente o
lote que veñen de pór á venda con pezas da banda británica Queen, o que
facilita gozar da súa música como nunca se fixo antes.
O Queen
Music Pack ten un prezo de 1,99
euros/canción ou 19,90 euros os 11 temas, aÃnda que promocionalmente pode
adquirirse por 12,72 euros, o que é unha magnÃfica oportunidade para os seareiros
de Freddie Mercury, Brian May, Roger Taylor e Joh Deacon, membros da formación
dos que poderemos
ver as súas siluetas en luces de neon mentres xogamos ao ritmo das súas cancións.
As cancións de Queen que veñen de incorporarse a Beat Saber son Another
One Bites the Dust, Bohemian Rhapsody, Crazy Little Thing Called Love, Don’t
Stop Me Now, I Want It All, Killer Queen, One Vision, Somebody to Love, Stone
Cold Crazy, We Are The Champions e We Will Rock You.
Cómpre lembrar que Queen xa estivo presente noutros xogos musicais como Guitar
Hero e Rock Band, e incluso teñen un xogo
móbil de seu.