A moeda Tuents by Tuenti volve a O Son do Camiño en Santiago

venres, 14 de xuño do 2019 Fernando Sarasketa

Tuenti, o operador de fibra e móbil, estará de regreso este verán en boa parte dos grandes festivais musicais de 2019, nos que a moeda oficial será novamente Tuents by Tuenti. Sen ir máis lonxe, será o valor de cambio oficial da segunda edición do Festival O Son do Camiño en Santiago, que se celebra dende onte (e até mañá) no Monto do Gozo da capital galega. Os asistentes a estes festivais poderán utilizar os seus Tuents para adquirir comida e bebida nos recintos oficiais de cada evento.
O diñeiro de Tuenti vén con extras a ter en conta. Por exemplo, as persoas que xa sexan clientes da operadora, “só polo feito de selo”, terán beneficios engadidos ao rematar o festival, xa que os Tuents teñen máis vida tras o festival: poderán trocarse para conseguir entradas duplas para outros festivais nos que Tuenti estea presente e descontos directos en marcas colaboradoras (Just Eat, Uber, Ticketea by Eventbrite e Undërwood).
Ademais, este proceso é dixital e realízase accedendo a www.tuenti.es/tuents para introducir os códigos impresos nos seus Tuents físicos ou pulseira, dependendo da forma de pago do festival.
A compañía de fibra e móbil achegará a moeda oficial nun total de 27 festivais: Viña Rock (Albacete), Warm Up Estrella de Levante (Murcia), Love the Tuentis Festival (Madrid), Interestelar (Sevilla), Tomavistas (Madrid), Lles Arts (Valencia), Paraíso (Madrid), A Summer Story (Madrid), O Son Do Camiño (Santiago), Download Festival (Madrid), Resurrection Fest (Lugo), Barcelona Beach Festival, Low Festival (Benidorm), Unite with Tomorrowland Barcelona, Arenal Sound (Castelló), Tsunami (Xixón), Medusa (Cullera), Sonorama Ribera (Burgos), Gigante (Guadalaxara), DCODE (Madrid), Love the Tuentis Valencia, Selecta Sound, Caudal Fest, Madrid Salvaje, BIME Pro e Live (Bilbao) e Oro Viejo (Madrid).

PUBLICIDADE