A mascota de SEGA renovarase en Sonic Boom
venres, 7 de febreiro do 2014
Os afeccionados ao ourizo azul de SEGA, Sonic the Hedgehog,
están de parabéns, pois parece que este clásico personaxe vai conseguir volver
a despuntar grazas ao seu novo
universo titulado Sonic Boom, no
que Sonic e os seus amigos estrearán unha nova aparencia, que poderemos ver
tanto na primeira serie de televisión xerada por ordenador do personaxe como
bonecos e nos novos xogos que veremos para Wii U e Nintendo 3DS.
Os deseños de cadanseu personaxe en Sonic
Boom está inspirado cas habilidades e a personalidade de cada personaxe,
mantendo os elementos básicos da marca de Sonic. Os ricos mundos da serie de
televisión e o videoxogo compartirán narrativa e un bo número de localizacións
e semellanzas de estilo, reflectindo a colaboración entre os profesionais
involucrados en cada un destes produtos.
Está previsto que a serie de televisión Sonic
Boom comece a emitirse despois d o verán nos EE.UU., cunha primeira tempada
de 52 episodios de 11 minutos dos que o videoxogo homónimo será unha precuela,
co que evitan os molestos spoilers. O
xogo fará uso dos elementos habituais na franquÃa, á vez que aproveitarán as
caracterÃsticas técnicas das consolas para as que vai lanzarse.
Trailer de presentación de Sonic Boom