A marca Nokia volve ao mercado das tabletas
mércores, 6 de outubro do 2021
A
marca Nokia comercializada por HMD Global sorprendeu lanzado unha tableta, a Nokia T20, cunha
pantalla de 10,4 polgadas cunha resolución de 2.000 x 1.200 pÃxeles, 4 GB de
RAM, 64 GB de almacenamento (ampliable mediante tarxetas de até 512 GB),
altofalantes estéreo, recepción de radio FM (cando se usan auriculares con
cable), Wi-Fi AC, Bluetooth 5.0 e unha baterÃa de 8.200 mAh con carga rápida de
15 watts, que sairá á venda este mesmo venres a un prezo de 239 euros na súa
versión con Wi-Fi e a 249 euros con 4G, prezos que semellan bastante axustados
para un produto que promete estar deseñado «para durar».
A tableta Nokia T20 preséntase como un produto de calidade, e unha autonomÃa de
até 7 horas de reunións en liña, 10 horas de reprodución de vÃdeo ou 15 horas
de navegación web. Ten garantidas actualizacións do sistema operativo durante 2
anos e actualizacións de seguridade durante 3 anos.
De cara aos cativos, esta nova tableta proponse como un xeito de acceder a
Google Kids Space, plataforma de contidos que achega aplicacións, libros e
vÃdeos orientados a nenos, que funciona coa conta de Google dos menores para
facilitar que os seus proxenitores poidan xestionalas.