A investigadora do CITIC Amparo Alonso lévanos este mércores ao futuro da Intelixencia Artificial
martes, 3 de decembro do 2019
Este
mércores 4 de decembro vaise falar de Intelixencia Artificial na
Universidade da Coruña, máis polo miúdo no Campus de Ferrol. O
motivo? A
inauguración do Ciclo de Conferencias 2019/20 da Cátedra Cosme
Álvarez de los Ríos que dirixen os profesores Ana Álvarez García
e Fernando Lago Rodríguez.
A
apertura das actividades contará coa presenza da vicerreitora do
Campus de Ferrol, Araceli Torres, o vicerreitor de Política
Científica, Investigación e Transferencia, Salvador Naya, o alcalde
do Concello de Ferrol, Ángel Mato, e o director de Navantia Ferrol,
Jorge Filgueira.
Os
sistemas intelixentes serán o fío condutor da primeira conferencia,
que se celebra este mércores da man da catedrática de Ciencias da
Computación e Intelixencia Artificial da Universidade da Coruña e
investigadora do CITIC (Centro de Investigación TIC), Amparo Alonso
Betanzos, que impartirá a primeira das catro sesións da cátedra,
titulada Unha expedición cara o futuro da Intelixencia
Artificial.
Alonso
Betanzos coordina o Laboratorio de I+D en Intelixencia Artificial da
UDC e, dende o ano 2012, preside a Asociación Española para a
Intelixencia Artificial. No eido da investigación, a súa actividade
céntrase no desenvolvemento e aplicación de técnicas de tecnoloxía
intelixente en diversas áreas así como na Aprendizaxe Computacional
e nas técnicas de Ciencias de Datos (Big Data). No ano 1998
recibiu o Premio L’Oreal –UNESCO For Women in Science en España,
en 2004 o Premio Galicia TIC á Innovación e, por último, no ano
2019 o Premio Galicia TIC á Traxectoria Profesional.