A inscrición a Xuventude Galicia Net abrirase o vindeiro día 16

venres, 12 de agosto do 2016 Marcus Fernández

Entre os días 9 e 11 de setembro o os pavillóns 1 e 2 da Feira Internacional de Galicia Abanca en Silleda volverán a acoller a celebración de Xuventude Galicia Net, encontro para a mocidade galega afeccionada ao lecer electrónico, que abrirá a súa inscrición o vindeiro 16 de agosto ás 9:00 horas e pecharase o 5 de setembro ás 12:00 horas, custando os billetes 20 euros.
Polo momento este encontro impulsado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado ten confirmada a celebración de torneos dos xogos League of Legends, FIFA 16, Counter Strike: Global Offensive e HearthStone, aos que acompañarán moitas actividades paralelas de distinta índole para animar os tres días que dura este encontro que contará cun acceso á Rede de 2 Gbps simétricos para garantir unha boa experiencia de xogo en liña.

Vídeo promocional da vindeira edición de Xuventude Galicia Net

PUBLICIDADE