A innovación é chave para a sustentabilidade da IA
venres, 25 de abril do 2025
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) organizou, en colaboración co Colexio Profesional de EnxeñarÃa en Informática de Galicia (CPEIG) unha xornada dedicada a analizar o impacto da intelixencia artificial no xornalismo, contando coa investigadora e profesora da Universidade da Coruña, Verónica Bolón, para introducir historicamente no mundo da IA ao presentes. Quixemos aproveitar a ocasión para conversar con ela sobre esta materia que está a converterse nun dos temas de conversa máis recorrentes en todos os ámbitos da sociedade.
– Antes de meternos en fariña, gustarÃame que tentases iluminarnos sobre o que é a intelixencia artificial. Non estamos a agrupar demasiadas cousas baixo ese paraugas?
– A definición de intelixencia artificial é bastante ampla. Teoricamente, é a disciplina cientÃfica que trata de imitar capacidades intelixentes humanas (coma o razoamento e a aprendizaxe) por medio de algoritmos e programas informáticos. Dentro desta disciplina hai moitas áreas e, de feito, a que está colleitando os bos resultados da actualidade é a aprendizaxe automática (pero hai outras áreas que tiveron éxito nas primeiras décadas de investigación nesta disciplina, coma por exemplo os sistemas expertos).
– Nos últimos anos estamos vendo como a intelixencia artificial está a captar unha atención inédita. Primeiro a industria tecnolóxica destacaba o potencial da aprendizaxe profunda, pero coa emerxencia das IA xenerativas semella que o impacto da tecnoloxÃa na sociedade está a ser maior do previsto. Que nos levou a esta situación? Que por fin as temos a potencia técnica e o volume de información dixital para avanzar a toda velocidade ou que as empresas están a inxectar cantidades desorbitadas de cartos?
– Na miña opinión, os grandes resultados que estamos obtendo recentemente coa IA son consecuencia de varios factores clave. A cantidade de datos para adestrar coa que contamos hoxe en dÃa xunto coa potencia computacional, que non para de medrar, foi desde logo un fito chave. Pero as inversións millonarias que se están a facer son tamén as culpables, non só para comprar as infraestructuras máis potentes senón tamén para contratar aos mellores profesionais.
– Cando falamos de investimento económico parece evidente que as grandes empresas tecnolóxicas de EE.UU. están detrás, aÃnda que nos últimos meses comezamos a ver como China tampouco querÃa quedar atrás nesta carreira. Poderá Europa seguir o ritmo desta revolución? Ou debemos enfocar os esforzos a atender ámbitos desatendidos polos xigantes do sector TIC?
– Seguir o ritmo de inversión que se está levando a cabo en EE.UU. é moi difÃcil, e en Europa non estamos vendo inversións que se acerquen a estas cifras. China está apostando forte e, ademais, están intentando solucionar os problemas que teñen por non poder acceder aos últimos chips máis avanzados. Quizais en Europa tamén debemos apostar por buscar solucións innovadoras, que non necesariamente impliquen contar coa maior potencia computacional. Tamén é interesante abordar os desafÃos para conseguir unha IA que sexa máis ética e responsable, cousa que outras potencias mundiais non están tendo en conta.
– Ao falar de capacidade de cálculo e grandes volumes de información, está claro que tamén falamos de inxentes consumos enerxéticos, o que leva a dubidar da sustentabilidade a longo prazo dos modelos actuais. Dende a Universidade da Coruña estades a traballar bastante precisamente en solucionar eses problemas. É realmente posible unha IA sustentable? Cal é o reto actual: desenvolver sistemas máis eficientes ou facer un uso máis razoable da tecnoloxÃa? Por exemplo, ten sentido empregar un modelo de linguaxe para realizar unha busca na web?
– Pois eu creo que o reto é dobre. Por un lado, dende a UDC estamos a traballar no desenvolvemento de algoritmos de IA que sexan máis eficientes. Estes algoritmos usan menos recursos computacionais, reducen os tempos de adestramento etc. Pero ao mesmo tempo, é fundamental facer unha labor de concienciación da sociedade para que se faga un uso máis responsable da tecnoloxÃa. O caso que comentas, é asÃ, para unha busca rápida é máis eficiente facelo en Google ca usar un chatbot. Hai unhas semanas houbo unha febre de crear imaxes co estilo de Studio Ghibli, o cal, tendo en conta que o impacto enerxético de xeración de imaxes é moi elevado, provocou que o propio Sam Altman recoñecera que as GPU de OpenAI se estaban derretendo. Onte mesmo lin un artigo que a costume de dicir grazas aos chatbots ao acabar unha consulta ten un impacto enerxético moi elevado, porque lle obrigamos a procesar e a xerar texto extra. Pode parecer algo insignificante para cada individuo, pero temos que ser conscientes de que estes sistemas teñen millóns de usuarios activos. O gran problema é que a maiorÃa da poboación non é consciente desta situación.
– Nos EE.UU. tamén hai proxectos de centros de procesamento de datos que levan aparellada a construción de reactores nucleares, mentres que na prensa está a facerse moi habitual dicir que a IA consome auga (aÃnda que cun rigor bastante cuestionable). Estamos ante unha nova revolución industrial no ámbito enerxético ou podemos confiar que se vaian atopando solucións para que o avance tecnolóxico non supoña un retroceso nas polÃticas de descarbonización adoptadas nas últimas décadas?
– Por suposto, necesitamos innovacións neste sentido. Os grandes centros de datos son responsables dunha porcentaxe moi alta do consumo enerxético global, e compre encontrar novas solucións que reduzan tanto a dependencia da enerxÃa eléctrica coma que desenvolvan novas estratexias eficientes para a refrixeración. Xa se empezan a ver propostas innovadoras, coma a posibilidade de levar os centros de datos ao fondo do océano ou ao espazo.
– Os profesionais creativos están ultimamente en guerra contra a IA, acusándoa de roubarlles o seu traballo. Curiosamente falamos de profesionais que estiveron a empregar numerosas ferramentas baseadas en IA para o seu traballo diario, pero que ultimamente padeceron na súa propia carne como recibÃan menos encargos porque moitos conformábanse con creacións sintéticas. Será posible atopar un equilibrio? Ou agora xa é moi tarde, xa que os adestramentos realizados con material sen a debida autorización xa non pode desfacerse sen tirar anos de traballo abaixo?
– É un asunto delicado, desde logo. Na miña opinión, a IA xenerativa por agora no está á altura do que pode realizar un profesional humano. Normalmente hai detalles que delatan que unha imaxe se xerou con IA, e non ten a calidade e a orixinalidade que pode conseguir un creador dixital. Pero é certo que hai xente que se conforma con creacións sintéticas e xa non recorre a estes profesionais... É un risco que seguramente no futuro imos ver con outras profesións, e igual que sempre pasa cando hai unha revolución industrial.
– Sam Altman (OpenAI) incluso minimiza as crÃticas sobre a posible vulneración dos dereitos de autor asegurando que son anécdotas que resultarán irrelevantes cando a IA facilite cousas como atopar a cura dalgún tipo de cancro. Ten razón ao realizar ese tipo de afirmacións ou debemos establecer unhas bases éticas sólidas para que o fin non xustifique os medios?
– É que unha cousa é que se usen os desenvolvementos de IA para curar enfermidades (que, ata onde eu sei, non necesitan aprender de creacións con dereitos de autor), e outra é que se vulneren os dereitos dos creadores, como estamos vendo. É necesario conseguir unha IA responsable e ética que respecte os dereitos da cidadanÃa. Non só no tema dos dereitos de autor senón que tamén sexa transparente, libre de nesgos, e sostible.
– E xa que falamos de enfermidades, como están a ser os avances que se fan nos últimos anos? Estamos moi cegados por modelos de linguaxe que simulan intelixencia cando deberiamos atender máis a tecnoloxÃas que poden darnos unha maior calidade de vida? Temos algún proxecto deste tipo en Galicia do que poidamos estar orgullosos?
– Hai moitos proxectos que poden supoñer avances importantes en temas de saúde e outras disciplinas, e é unha pena que do que máis se estea a falar sexa dos modelos de linguaxe (que son moi interesantes, por suposto, pero normalmente fálase das aplicacións máis banais). Existen proxectos que usan IA para descubrir antibióticos, resistencia a superbacterias, ou axudar a desenvolver vacinas. En Galicia temos moitos proxectos interesantes, pero non coñezo ningún en detalle para destacalo.
– Non quixera rematar sen preguntar por algo que pode resultar rechamante. Levamos anos con moitos esforzos (e pouco éxito) para atraer talento feminino ao sector TIC e, curiosamente, os grandes referentes en IA en Galicia sodes mulleres. Pode ser a intelixencia artificial o raio de luz que ilumine o camiño a moitas mozas á hora de buscar un futuro profesional?
– A verdade é que nunca o pensara... Pero si é certo que en Galicia contamos con grandes referentes mulleres en informática e en intelixencia artificial. É certo que a IA está de moda e vemos que se aplica a resolver problemas do máis diversos, polo que quizais sexa máis atractivo para as mulleres. Isto serÃa moi importante porque necesitamos equipos diversos para poder paliar na medida do posible os nesgos que poden ter estes sistemas.