A impresión 3D será o eixo motor do segundo faladoiro do proxecto Faite Dixit@l!
venres, 7 de novembro do 2014
O vindeiro xoves, 13 de novembro, Compostela
acollerá o segundo Faladoiro Dixital do proxecto Faite Dixit@l!,
que organiza a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
(AMTEGA) en colaboración con Fundetec. En termos xerais, este
encontro xirará arredor de todo o relativo á impresión
tridimensional, é por iso que a xornada en cuestión levará por
nome Imaxina e crea: impresión 3D.
E
en que consiste o proxecto Faite
Dixit@l?
Estamos perante unha idea da AMTEGA que botaba a andar o pasado mes
de setembro, desenvolvida a través dos centros da Rede CeMIT, e
encamiñada a mellorar o empoderamento dos usuarios en materia
tecnolóxica para favorecer a súa empregabilidade coa tecnoloxía e
a Sociedade da Información como base. Faite
Dixit@l!
achega máis de 1.800 prazas para a participación nas 140
actividades programadas. Amais, ata o vindeiro 28 de novembro está
aberto o prazo de inscrición do Primeiro Concurso de Aplicacións
Móbiles, que busca recoñecer a creatividade na creación de
ferramentas tecnolóxicas que melloren a dispoñibilidade de recursos
para a cidadanía e fomenten o uso da tecnoloxía de código aberto
neste proceso creativos.
A
xornada, na que logo da exposición dos expertos celebrarase un
debate sobre o futuro ten a impresión 3D e ata onde pode chegar o
seu desenvolvemento industrial, celebrarase entre as 18.30 e as 20.30
horas nas instalacións do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia
(CNTG), con entrada libre e de balde ata completar o aforamento da
sala. A
inscrición ao evento pode realizarse a través da Rede.
Asemade, este Faladoiro Dixital poderá ser seguido vía streaming
nas webs da rede CeMIt, do
CDTIC, en Twitter coa etiqueta
#faladoirosDIX e en
Facebook. Na páxina web de Faite
Dixit@l! pode solicitarse máis información sobre esta
xornada e sobre o resto dos faladoiros que se celebrarán nas
vindeiras semanas.
En canto aos relatores, cómpre dicir que estarán presentes:
· Álvaro Rei (enxeñeiro Técnico en Deseño Industrial, pola
Escola Universitaria de Deseño Industrial de Ferrol), creador de
Galiprint3d, unha das primeiras empresas galegas de impresión 3D que
deseña e ensambla os seus propios equipos de impresión en tres
dimensións.
· Xoán Sampaiño, freelance, membro de Bricolabs, asociación
e grupo de divulgación e fomento de tecnoloxías libres, e do
Proxecto Clone Wars, unha das comunidades RepRap máis amplas do
territorio hispanofalante.
· Pablo Gajino, socio fundador e CEO de Possible Inc, start-up
galega que desenvolve aplicacións móbiles e produtos software e
hardware a medida.
· Luís Mandayo, Enxeñeiro Industrial pola Universidade de Vigo,
fundador da empresa Lupeon, que achega servizos de asesoramento e de
impresión 3D baixo demanda.
· Luís González, responsable de Ardentia, empresa adicada ao
deseño 3D e prototipado rápido encamiñado á realización de
xoias.
E
indo de novo ao ciclo de Faladoiros Dixitais de Faite
Dixit@l!,
dicir que abrangue cinco eventos: un sobre innovación social dixital
desenvolvido baixo metodoloxía PechaKucha, celebrado o pasado 28 de
outubro (o vídeo do
evento xa está dispoñible), dous seminarios de expertos, este
sobre Impresión 3D e un previsto para decembro sobre o Internet das
cousas, e dúas xornadas de exposición de casos de éxito sobre
aplicacións móbiles e identidade dixital e marca persoal.