A granxa de Facebook métese no móbil

mércores, 23 de xuño do 2010 Marcus Fernández

FarmVille, o xogo de Zynga tamén coñecido como a granxa de Facebook, chega finalmente ao iPhone coma un título de balde que pode descargarse xa da App Store, e que permite arar, cultivar e colectar a calquera hora e en calquera lugar, ou sexa, accedendo o usuario á mesma granxa que xestiona dende a plataforma de redes sociais fundada por Mark Zuckerberg, reforzando a fidelidade do xogador con este xogo e dándolle compoñentes de Tamagotchi (por permitir trasladar o xogo no peto), pois incluirá alertas.
A aplicación para iPhone/iPod Touch de FarmVille está en inglés e conta con artigos exclusivos, de xeito que será doado recoñecer ás granxas xestionadas dende terminais portátiles de Apple.

PUBLICIDADE