A galega Mundo Educarte mostrará as súas solucións tecnolóxicas no CDTIC
mércores, 12 de setembro do 2012
O Centro Demostrador TIC de
Galicia, en Santiago de Compostela, retoma a súa actividade demostradora de
solucións tecnolóxicas este mes de setembro, cunha sesión dirixida á comunidade
docente do paÃs, da man da empresa Mundo
Educarte S.L.
A firma galega achegará as súas solucións
e recursos TIC para facerlle máis doado o labor de ensinar aos mestres e
mestras que asistan os vindeiros dÃas 20 e 21 de setembro a esta cita
tecnolóxica, que se celebrará en horario de mañá e de tarde.
A sesión do dÃa 20, que se
repetirá o 21 para facilitarlle a asistencia ás persoas interesadas, contará
coa presenza de diversos expertos na integración das novas tecnoloxÃas nos
métodos de ensino, os cales amosarán aspectos claves para sacarlle o máximo rendemento
a unha aula multimedia.
Tamén mostrarán cómo integrar
ferramentas e contidos dixitais para acadar clases máis dinámicas e amenas,
achegando, ao mesmo tempo, exemplos de casos reais de docentes que usan estes
materiais didácticos nas súas clases.
As persoas interesadas en asistir
ás sesións poden facelo de balde, inscribÃndose previamente na web oficial do Centro Demostrador TIC.
A empresa Mundo Educarte, conta
con máis de 7 anos de experiencia no sector educativo, e está especializada na
distribución e comercialización de materiais didácticos en diversos formatos,
entre os que destacan as pizarras dixitais, proxectores, visualizadores,
sistemas de votación electrónicos... asà como contidos en formato dixital para
o máximo aproveitamento das ferramentas TIC.