A galega Ancora participa no cumio das máis prometedoras firmas innovadoras: Investors in Love

mércores, 26 de xuño do 2019 Fernando Sarasketa

Hoxe celébrase en Zaragoza, no Hub Open Future local, o cumio de investidores Investors in Love, impulsado polos Hubs Open Future de toda Europa. Na cita houbo representación galega. Máis en detalle, participou (xuntou con outras sete startups estatais) a nova firma innovadora Ancora, que concorre no encontro de hoxe logo de ter sido elixida como unha das mellores solucións de alicerce tecnolóxico impulsadas dende a rede de crowdworking Telefónica Open Future.
Ancora presentou as seus achados en tecnoloxías para móbiles: é quen de transformar o smartphone nunha ferramenta de traballo potente e eficiente mediante o uso de interfaces de usuario virtuais entre dispositivos, o intercambio seguro de información, a conexión de periféricos externos e o control remoto desde o móbil.
O obxectivo do encontro de hoxe foi favorecer o encontro das oito participantes con investidores e posíbeis colaboradores. Desde o sector sanitario ao comercio ao pormenor, a lista de startups seleccionadas abrangue o seguinte elenco: Adwalk, Ancora, BeAmbassador, Ecapture 3D, Finoa, Invertidos, Emxys, Rehand e TrustElevate.
A galega Ancora, con sede en Vigo, tivo na cita a oportunidade de explicar a súa solución tecnolóxica, coa que amplía as capacidades dun simple smartphone, logrando aumentar a produtividade dos empregados que usan estes dispositivos intelixentes, creando fluxos de traballo móbiles máis eficientes (aforrando tempo sen requirir para iso complexas integracións con sistemas centralizados ou grandes desenvolvementos).

PUBLICIDADE