A furgoneta do Equipo A chega a Forza Motorsport 5

mércores, 2 de xullo do 2014 Marcus Fernández

O xogo Forza Motorsport 5 para Xbox One recibiu un lote de contidos descargables coñecido como Hot Wheels Car Pack, que inclúe 10 vehículos dos que 7 son unha auténtica primicia na saga Forza entre os que destaca o Lamborghini Veneno de 2013 (ano no que o fabricante celebrou o seu 50º aniversario), clásicos como o Audi Union Type D de 1939 ou o Ferrari 375 de 1952, vehículos modernos como o Audi S3 Sedan de 2015 e, como a proposta máis rechamante dentro deste tipo de xogo, teríamos a GMC Vandura G-1500 de 1983, que era a furgoneta que emprega M. A. Baracus na serie de televisión de El Equipo A, adaptada para poder correr en circuítos de NASCAR.
Aparte dos vehículos antes mencionados, o Hot Wheels Car Pack inclúe tamén o Toyota Celica GT de 1974, o Lotus Type 49 de 1967, o Mazda #7 Andretti Autosport USF2000 de 2013, o Ford F-100 de 1956 e o Ford XB Falcon GT de 1973.

O Lamborghini Veneno aparecerá en primicia no Forza Motorsport 5
O Audi S3 Sedan é un dos poucos coches modernos incluídos no novo lote descargable


Vídeo de presentación do Hot Wheels Car Pack

PUBLICIDADE