A funda Prynt converte os smartphones en cámaras Polaroid
luns, 14 de decembro do 2015
No outono chegou ao
mercado a cámara Polaroid Snap, que vén a ser unha cámara compacta moi
básica que integra unha impresora Zero Ink (que crear instantáneas de 50 x 75
milÃmetros empregando un papel fotográfico especial) pero agora chega un interesante competidor a
esta proposta, a funda Prynt, que tras trunfar
en Kickstarter é por fin
unha realidade (con varios meses de retraso) de xeito que xa están a
aceptar reservas deste accesorio que integra unha impresora Ink a smartphones
con Android e iOS.
Concretamente poden mercarse
fundas Prynt en cor branco ou negro cun adaptador para iPhone 6/6S, iPhone 5/5S,
iPhone 5C, Samsung Galaxy S5 ou Samsung Galaxy S4 a un prezo de 149 dólares
incluÃndo 10 papeis fotográficos (poden mercarse con 50 papeis por 25 dólares
máis).
Dado que a funda Prynt emprégase cunha aplicación para iOS e Android, os
responsables deste proxecto decidiron darlle un valor especial as imaxes
capturadas a través da mesma, de xeito que, cando se saca unha instantánea coa
aplicación, esta almacena tamén un vÃdeo dese momento, que pode verse dende a
aplicación de Prynt cando enfocamos a unha das instantáneas en papel. Unha
especie de solución de realidade
aumentada que é o xeito de destacar deste produto, que consegue asà engadir
valor ás propias fotografÃas que se tomen co móbil, tirando proveito das
aplicacións para smartphones e da nube, de xeito que o papel comportarÃase como
unha porta a un contido en liña.
Neste momento dende Prynt comprométense en entregar os seus accesorios para o
móbil antes do Nadal, o que posiblemente sexa un dos grandes reclamos para as
súas vendas inmediatas, esperándose que logo pase a comercializarse como un
produto ordinario, tendo asà que pasar a proba do mercado, moito máis dura que
unha simple campaña de microfinanciamento que facilitou o nacemento deste
produto.
- A funda Prynt non serve só para os iPhone, senón que tamén é compatible con algúns smartphones con Android
VÃdeo promocional da Prynt Case