A franquÃa de Guitar Hero volverá a consolas no outono
martes, 14 de abril do 2015
Harmonix
anunciou o mes pasado que este ano teremos
Rock Band 4 para PS4 e Xbox One,
devolvendo o popular xénero de xogos musicais dun xeito moi continuista, que
agradecerán moitos usuarios que incluso poderán conservar as cancións que
tivesen mercado para as anteriores entregas de Rock Band, pero o seu principal competidor vai ir por un camiño
diferente, de xeito que no outono teremos Guitar Hero Live, xogo que manterá
a mesma esencia que outros Guitar Hero,
pero renovando a súa fórmula de distintos xeitos entre os que queren destacar
que presentar unha experiencia de xogo en primeira persoa, de xeito que
poderemos ver ao público mentres tocamos cancións no escenario.
Este novo xogo corre da man de FreeStyleGames,
estudio detrás de DJ Hero e DJ Hero 2, e vai contar cun curioso
complemento, GHTV, a primeira rede do
mundo en ofrecer vÃdeos musicais xogables. GHTV
é un modo de 24 horas que permite que os afeccionados accedan a unha colección
de vÃdeos musicais oficiais continuamente actualizados, que van dende novos
temas até grandes clásicos, para poder interpretalos baixo demanda e incluso
poder tocalos cos amigos (en local ou a través da Rede).
AÃnda que nun principio está previsto que Guitar
Hero Live e GHTV cheguen para
PS3, PS4, Xbox 360, Xbox One e Wii U, tamén contará con versións para algúns dispositivos
móbiles, o que contemplarase na estratexia destes produtos dende o primeiro
momento, dando a impresión que Activision terÃa aprendido da experiencia
anterior, e agora busca crear unha experiencia diferente, cunha vocación de
longo prazo.
Como acontecÃa en anteriores entregas de Guitar
Hero, os novos xogos poderán controlarse con mandos con forma de guitarra,
que desta volta experimentan un importante redeseño, ofrecendo dúas filas de
tres botóns para permitir un control máis natural (de xeito que un novato pode
limitarse a xogar empregando só tres botóns, de xeito que cando prospere no
xogo poidan ir empregando un control cada vez máis complexo).
Dende Activision confirman que o xogo contará con artistas moi variados como The
Black Keys, Fall Out Boy, My Chemical Romance, Gary Clark, Jr., Green Day, Ed
Sheeran, The War on Drugs, The Killers, Skrillex, The Rolling Stones, The
Lumineers, Carrie Underwood, Pierce the Veil, Blitz Kids e moitos outros que
irán confirmando nos vindeiros meses.
- Guitar Hero Live inclúe a vista do público como a súa principal innovación
Trailer oficial de Guitar Hero Live