A franquÃa de Batman: Arkham vai camiño dunha terceira entrega
martes, 12 de febreiro do 2013
A decisión de lanzar no seu dÃa o xogo Batman: Arkham Asylum desvencellándose do lanzamento das pelÃculas
baseadas no personaxe de DC Comics, evitando asà un desenvolvemento apresurado,
demostrou ser todo un acerto, que confirmouse cunha secuela de igual éxito, Batman: Arkham City, e finalmente parece
que a historia vai rematar como unha triloxÃa, se atendemos ás declaracións do
director financeiro de Time Warner, John K. Martin, que nunha comparecencia
ante os investidores da compañÃa asegurou que tras os bos resultados acadados
en 2012, van
publicar unha nova entrega da franquÃa Batman:
Arkham, polo que esperan ter tamén bos resultados en 2013.
Esta información contrasta cos rumores que apuntaban a un novo xogo de Batman
ambientado na Idade de Prata (etapa que vai entre finais dos anos 50 e mediados
dos 80, que foi cando comezou a escurecerse o personaxe, destacando
especialmente o perÃodo de Dennis O’Neil e Neal Adams) e ao feito de que
comentan que dende Rocksteady Studios non están a traballar nun novo xogo de
Batman en concreto, polo que o
lanzamento dun Batman: Arkham antes
de rematar o presente ano ou a primeiros do ano que vén seguirÃa a ser unha
información sen confirmar.