A finais de mes se poderá adquirir 1942: Joint Strike

mércores, 9 de xullo do 2008 Marcus Fernández

En marzo falábamos de que Capcom estaba a traballar na resurección do clásico xogo de avións 1942, que se adaptaría á alta definición das consolas Xbox 360 e PlayStation 3, e agora se confirma o seu lanzamento, de xeito que, a partir dos vindeiros días 23 e 24 nas tendas de descargas Xbox Live Arcade e PlayStation Network respectivamente, se poderá adquirir 1942: Joint Strike.
O novo xogo non presenta só uns gráficos e efectos visuais moi mellorados, senón que tamén incorpora novas armas e incluso permite botar partidas cooperativas en liña. Conserva o seu sistema de xogo bidimensional de desprazamento vertical, aínda que os seus gráficos teñan unha aparencia tridimensional.

PUBLICIDADE